viernes, 20 de noviembre de 2015

Nota importante

Queridos pais/nais!
Como ben sabedes, o Nadal está á volta da esquina e nos xa comezamos a ensaiar o noso baile para o festival de Nadal :) 

A canción que imos bailar chámase "En Navidad turrón y mazapán" e, ademáis cantaremos unha panxoliña en inglés.

O festival será o mércores 16 de Decembro no Teatro Principal de Ourense ás 16:30, pero non vos preocupedes que xa vos enviarei unha nota informativa nuns días explicándovos todo :) 

Hoxe é para contarvos acerca do vestiario. Despois de moito buscar, a opción máis económica é a seguinte: " disfraz de bola d Nadal"

Encarguei 22 disfraces na talla 3-4 anos na tenda " o almacén" ( rúa santo domingo, 39, galerías Sol) 

Teredes que ir por eles antes do 10 de Decembro e dicir que ides de parte do colexio Concepción Arenal da clase de 3 anos.

O prezo do disfraz era de 12 € pero ao coller os 22 fainos un pequeno desconto e quedan en 10,50€.

Se algún ten algunha dúbida, suxerencia, ou non lle parece ben a decisión que non dubide en comunicarmo. 

¡Grazas pola vosa colaboración!

¡Un saúdo!



No hay comentarios:

Publicar un comentario